Este sábado, 10 de abril, haberá teatro infantil na Sala Bahía de Foz.

Este sábado, día 10 de abril, ás 18:30 horas volve o teatro para os/as máis pequenos/as á Sala Bahía, de Foz. Micromina trae o seu espectáculo Cousas de casa. 

É unha actividade dirixida ao público infantil a partir de 3 anos e ten unha duración de 40 minutos. Trátase dun espectáculo de monicreques que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia, bebé.

As prazas son limitadas e hai que reservar as entradas na Delegación de Cultura do Concello de Foz, chamando ao teléfono 982.140.027 Extensión 3. O prezo é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos.