A exposición fotográfica "Alfoz no outono" poderase visitar no Castelo de Castro de Ouro a partir do 27 de decembro.

O Concello de Alfoz organiza a exposición do I Concurso de Fotografía Alfoz no outono, que acollerá o Castelo de Castro de Ouro, a partir do vindeiro domingo, 27 de decembro. Todas as instantáneas presentadas estarán na sala 2.

O horario de apertura é de 12:00 a 19:00 horas, os sábados, domingos e festivos. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non estará aberto.

A Deputación de Lugo colabora na organización deste evento.