A Festa Normanda de Foz incluirá este ano un concurso de grupos musicais indie, pop, rock ou folk. O certame será o 1 de setembro.

A Festa Normanda de Foz incluirá na edición deste ano un concurso de grupos musicais indie, pop, rock ou folk. O certame, que se celebrará o día 1 de setembro a partir das 20:30 horas, foi presentado por membros da asociación Desembarco Normando xunto con Fabio, de Studios Empyreal, de Viveiro.

O prazo de inscrición comezou hoxe, sábado, e rematará o 1 de agosto. Despois deste período a organización escollerá entre todos os grupos inscritos a 8 participantes para actuar no concurso. O premio será a gravación dunha maqueta de 7 cancións.