As festas de San Cosme de Barreiros celébranse os días 26 e 27 de setembro. Organiza: CF Celta B. coa colaboración do Concello.

Este xoves, 26 de setembro, dan comezo as festas de San Cosme de Barreiros. Ás 13:30 horas, haberá misa solemne na igrexa de abaixo con posterior procesión. Despois terá lugar a sesión vermú co grupo La Bamba, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Estrellas.

O venres 27 ás 13:30 horas celebrarase unha misa solemne na igrexa de arriba. De seguido haberá sesión vermú co grupo Abanico que tamén estará na verbena xunto a Lecer.

Estes festexos están organizados por C.F. Celta Barreiros coa colaboración do Concello de Barreiros.