As fins de semana de maio pódese visitar no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, a exposición "Galicia Biodiversidade".

Durante as fins de semana do mes de maio, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20, poderase visitar no primeiro andar do Castelo do Castrodouro a exposición titulada "Galicia, Biodiversidade" cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A través desta exposición poderase coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.

Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. E tamén coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana.