A firma viveirense Regal Cerámica participa estes días en feiras de Barcelona, París, Estocolmo e Madrid.

Regal Cerámica participa estes días nas Feiras Expohogar Primavera, en Barcelona; en Maison & Objet, de París; en Intergift, en Madrid; e en Formex, en Estocolmo.

Desde Regal Cerámica indican que “expoñemos novidades feitas en Regal Cerámica, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, así como a presentación dunhas 100 deseños novos, modificando tamén os acabados finais incluíndo color en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa… Tamén empregando a colección de cerámica utilitaria, novas vaixelas, xogos de te, xogos de café, complementos de mesa, etc”. 

E explican: “cabe destacar que na feira de Paris, na que levamos participando 13 anos consecutivos, e onde facemos os contratos de exportacións, en pequenas cantidades dado que a nosa produción é reducida. Os nosos clientes son galerías de arte de Alemaña, Bélxica, Inglaterra, Holanda, Portugal, Italia, Francia, Líbano, EEUU, Dubai…. Na ultima edición destacar un cliente de Shanghai (China), que mercou unha vaixela completa xunto con varias obras de autor”.

Para a produción de Regal Cerámica as ventas nestes tres certames de maioristas, equivale a case un 50% das ventas anuais. O resto realizase a través de representantes:  Cataluña, Galicia, Malaga…, venta internet e feiras especializadas así como a propia tenda de RegalXunqueira, onde están os talleres de Regal Cerámica. E proximamente, en vésperas da Semana Santa, inaugurará unha nova tenda en Viveiro, na Rúa Pastor Díaz, onde ademais de cerámica, se venderán produtos galegos de calidade.

Desde Regal Cerámica subliñan que “todos os produtos de Regal Cerámica, son elaborados artesanalmente en Viveiro, sempre rexeitando taxantemente as continuas ofertas de externalizar a produción a países con baixos custes en man de obra, pois consideramos unha opción nada ética e totalmente enganosa para o consumidor. Regal Cerámica estase a vender, como produto feito en Galicia, fronte a produtos importados que utilizan a marca comprada de empresas que cerraron fai tempo e que fabrican en países estranxeiros, o que significa unha competencia desleal, para os que a trancas e barrancas seguimos a crear postos de traballo na bisbarra”.