Foz acolle unha andaina contra a violencia de xénero o 18 de novembro

Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo - Bumei, o Concello de Foz e Os Sendeiros organizan unha andaina contra a violencia de xénero. Será o día 18 de novembro, sábado, a partir das 10:00 horas. A saída será desde as inmediacións da praia da Rapadoira para camiñar 16 quilómetros ata Cangas de Foz, desde onde haberá autobuses para que os participantes volvan ao punto de partida.

A inscrición é gratuíta, pero para participar hai que apuntarse antes do 13 de novembro. Pode facerse a través dos teléfonos 609.83.76.45, 606.71.84.82 ou 670.36.90.17.