Foz celebrará o día de Mondoñedo o 18 de agosto cunha charla e con verbena amenizada polo grupo Son's Varadero.

Foz celebrará o Día de Mondoñedo o 18 de agosto, domingo, con varios actos organizados por Son´s Varadero, que conta coa colaboración dos concellos de Foz e de Mondoñedo e de comerciantes da zona.

No salón de actos do hotel Isla Nova ás 20:00 horas haberá unha charla coloquio que será moderada por Pepe Rivera e na que participarán o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios.

E ás 22:00 horas no barrio de Illa Nova empezará a verbena, que estará amenizada por Son´s Varadero.