Foz é escenario ata o 31 de agosto da XIII Semana de Teatro Afeccionado. As representacións son ás dez da noite no patio do colexio nº 1.

O patio do colexio Nº 1 de Foz acolle desde hoxe, martes, ata este venres, día 31, a décimo terceira edición da Semana do Teatro Afeccionado, que organiza o Concello focense. Todas as representacións están programadas para as dez da noite.

Hoxe o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Depende, unha comedia da que é autor e director Francisco Piñeiro.

Mañá, mércores, a compañía Pico do Castro, de Foz, ofrecerá a obra Unha novela policíaca, comedia con guión, adaptación e dirección a cargo de Juan Villarino.

O xoves 30 o grupo O Centiño, de San Martiño, representará a obra El Guindilla, unha comedia da que é autor e director José Vázquez Peinó.

E o venres 31 a compañía A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Elixir de xuventude,  comedia dirixida por Ana Couto e María Antonia García Cayón.