Galipizza organiza un concurso para premiar ás mellores frases e decorar con elas o "Muro das Letras Galegas".

Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018 a cadea hostaleira Galipizza lanza un concurso no que premiará as 3 mellores frases recibidas a través das redes sociais. Galipizza pide que se lle dedique unha frase ben galega e se lle faiga chegar vía Facebook, Twitter ou Instagram ata o domingo 20 de maio. 

 Coas 3 frases que máis lles gusten decorarán unha parede do seu local na Praza de Galicia da Coruña ó que chamarán “Muro das Letras Galegas”. Ademais de aparecer mencionados xunto coas súas frases seleccionadas, os elexidos recibirán outros premios moi atractivos.

 O primeiro premio consiste en 2 noites de aloxamento e almorzo para 2 persoas en "Casa do Batán", un dos hoteis con encanto máis valorados de España, situado en Chavín (Viveiro). Ademáis o premiado terá 1 comida gratis para 2 persoas en "As Tixolas", casa de xantar en Covas (Viveiro) e 1 cea gratis para 2 persoas en "Galipizza Covas" (Viveiro), o local onde comezou a historia da marca hai xa 25 anos.

 O segundo e terceiro premios recibirán 1 comida ou cea gratis para 2 persoas en calquera local da cadea Galipizza, situados en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago, Vigo ou A Coruña.