Guadi Galego actuará o 11 de decembro en Burela. As entradas para o concerto sairán á venda proximamente.

A cedeirense Guadi Galego presentará o seu último traballo discográfico "Costuras" o 11 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela. 

"Costuras" aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador onde a autora se mostra tal como é. 

Tres colaboracións compoñen o disco: Coas poetisas Antía Otero e Marina Oural e coa cantante catalá Paula Grande. A produción musical a cargo de Olivera Estudi dá un novo aspecto ás creacións de Guadi entrando en campos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica creando texturas únicas. 

Entradas para o concerto proximamente á venda.