Hipócrita Teatro representa a obra "Cásting" en Barreiros o 11 de decembro.

Este sábado, 11 de decembro, ás 19:00 horas o grupo Hipócrita Teatro representará no centro sociocultural de San Cosme a obra Cásting, na que varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. É unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.

Esta representación teatral está organizada polo Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.