A II Festa do Antroido en Viveiro será o luns 16 de febreiro en Lodeiro

A segunda edición da Festa do Antroido en Viveiro celebrarase o día 16 de febreiro, luns, en Lodeiro, onde se instalará unha carpa xunto ao Centro de Saúde.

Este evento está organizado polo colectivo Viveiro en Festas, que anuncia: “a cea (menú de cocido) ten un prezo de 40 euros e o baile correrá a cargo do dúo Estrellas e Discomóvil Olympo. Moito ollo, que este ano hai previa desde as 20:30 horas. Tamén haberá concurso de disfraces, sorteos e algunha sorpresa máis, así que xa podes ir dándolle á cabeciña. Se o cocido non é o teu, non pasa nada, podes ir só á festa. Desde as 0:00 horas podes gozar do Antroido por 6 euros (incluída consumición). Para facer a reserva de mesas e conseguir as entradas podes completar o formulario da seguinte ligazón: https://forms.gle/xF4q4J7qntWSsWxs7 ou escribirnos ao whatsapp (614 191 962), ata o 8 de febreiro”.