Intensa axenda no Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz: exposición de traxes medievais do 13 ao 25 de xullo, concerto de Tundal o 17 e actividades infantís o 18.

O domingo, 18 de xullo, de 17:00 a 20:00 horas todas as nenas e nenos que queiran poderán disfrutar dunha tarde única no Castelo de Castro de Ouro. Terán paseos a cabalo, xogos tradicionais e un obradoiro creativo con Cabaliño de Pao. Non é necesaria inscrición previa. Cumprirase o Protocolo COVID. Máis información no Concello de Alfoz, tfno. 982 558 001 (ext.2). A actividade está subvencinonada polo Plan Único da Deputación de Lugo, Área de Turismo.

Esta fin de semana haberá música tamén en Alfoz. O Castelo de Castro de Ouro e o seu entorno iluminado na noite e a música tradicional de Tundal son a combinación perfecta para desfrutar o sábado, 17 de xullo, ás 22:00 horas. Non é necesaria reserva previa.

Desde o Concello de Alfoz lembran que mañá inaugúrase a Exposición de traxes medievais. Do 13 ao 25 de xullo, poderá visitarse esta exposición que estará na primeira planta do Castelo de Castro de Ouro. O horario de apertura é de martes a domingo, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Esta exposición está subvencionada a través do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo, Área de Turismo.