Ítaca Teatro chega o 19 de novembro ao Vicedo con "Formigas no peto". A entrada será de balde.

Volve o teatro á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión será unha obra profesional a cargo de Ítaca Teatro, de Lugo. Trátase de Formigas no peto. A representación será o sábado, 19 de novembro, ás 20 horas con entrada gratuíta.

O intérprete é Carlos Rebolo. A dramaturxia corre a cargo de Ana Carreira e José Campanari e o director é tamém José Campanari.