A IV Marcha BTT Xoviética celebrarase o 24 de outubro no municipio de Xove.

A cuarta edición da Marcha BTT Xoviética celebrarase o día 24 de outubro, domingo, no municipio de Xove.

Está organizada polo Club Ciclista Komando Xoviético, que anuncia: “despois dun ano perdido por esta pandemia a volta a normalidade empeza a achegarse. Por iso o 24 de outubro de 2021 celebraremos a IV Marcha BTT Xoviética”.

Ademais a organización explica que “para que sexa un evento seguro e poder coidar a saúde de todos os participantes temos que rexernos polo protocolo COVID-19 que actualmente nos proporciona a Federación Galega. A data de hoxe para poder participar no evento todos os participantes deberán: presentar no momento de recoller o dorsal un certificado de test de antíxenos negativo (valen dos que se fan nas farmacias) como máximo de 72 horas antes do día da marcha. Cada participante deberá ter a mascarilla (cirúrxica ou ffp2) en todo momento. Haberá xeles hidroalcohólicos e material de desinfección en todas as zonas que sexa necesario. Sabemos que son medidas incomodas e custosas, pero queremos que sexa un evento seguro”.