Javier Rodríguez, con "Citerea", acadou o primeiro premio no VIII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. Recollerao en Mondoñedo o 23 de novembro.

Javier Rodríguez, natural de Ourense, álzase como gañador da VIII edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 €, placa e diploma, ten por título “Citerea”.
 
O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada “A ferida”, da que é autorManuel López Rodríguez, de Noia.
 
Branca Trigo Cabaleiro acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo “O heroe de vidro”. Branca Trigo éde Vigo.
 
A entrega do premio terá lugar o sábado, día 23, de novembro de 2019, segundo o seguinte programa: 
12.00 horas: Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas: Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas: Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.