Lara, a que fora recanteira de Luar, ofrecerá un concerto o 21 de abril en San Ciprián. O evento foi presentado polo Concello cervense.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, presentaron xunto coa artista mariñá Lara o concerto que vai ofrecer a que fora recanteira no Luar o vindeiro sábado, 21 de abril, no Auditorio da Casa da Cultura. 

A cita será ás 20:00 horas e a entrada é libre.