Lume Escénico presenta a súa comedia teatral "Cousas de bares" o 27 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz.

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.