Mariña Patrimonio organiza o 28 de maio unha conferencia sobre "Os misteriosos espellos da tradición", a cargo de Manuel Gago. Será vía streaming.

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para este xoves, 28 de maio, unha conferencia sobre o rico acervo cultural das nosas lendas e tradicións, na que o profesor e xornalista Manuel Gago analizará, mediante numerosos e fascinantes exemplos, como a tradición oral transforma e inventa a memoria das comunidades. A través deste interesante relatorio descubriremos en que medida a tradición oral garda a memoria do pasado e que recordos parecen pervivir no imaxinario colectivo, mentres que outros desaparecen sen deixar aparentes pegadas. 

Debido ás actuais circunstancias derivadas da pandemia do COVID19, a conferencia Os misteriosos espellos da tradición. Conexións entre Historia e imaxinario na tradición oral galega poderá seguirse en streaming a partir das 19.30 horas a través do Facebook de Mariña Patrimonio.