Tradición
A axenda cultura de Ribadeo para esta fin de semana inclúe unha cita coa cultura tradicional.
O sábado, día 17, ACF O Fiadeiro xunto con ex-alumnado da ESAD de Galicia presentará
A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo, ás 20:00 horas.
O prezo das entradas é de 3 euros e o despacho de billetes será dende as 19:30 horas.
A asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para este xoves, 28 de maio, unha conferencia sobre o rico acervo cultural das nosas lendas e tradicións, na que o profesor e xornalista Manuel Gago analizará, mediante numerosos e fascinantes exemplos, como a tradición oral transforma e inventa a memoria das comunidades. A través deste interesante relatorio descubriremos en que medida a tradición oral garda a memoria do pasado e que recordos parecen pervivir no imaxinario colectivo, mentres que outros desaparecen sen deixar aparentes pegadas.
Debido ás actuais circunstancias derivadas da pandemia do COVID19, a conferencia Os misteriosos espellos da tradición. Conexións entre Historia e imaxinario na tradición oral galega poderá seguirse en streaming a partir das 19.30 horas a través do Facebook de Mariña Patrimonio.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto anunciou que a Deputación desenvolverá unha programación cultural coa que o musicólogo sarriano Abraham Cupeiro realizará 20 accións en 16 Concellos da provincia, para amosar o seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais. “Trátase dunha programación que inclúe actuacións nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, onde ofrecerá concertos abertos ao público en xeral. Ademais, realizará 16 concertos didácticos en centros educativos da provincia, serán concertos pedagóxicos, no que viaxará cos escolares ao pasado máis remoto a través dos instrumentos de vento”, sinalou a Deputada.
García Porto avanzou que “con esta iniciativa damos a coñecer a nosa gran riqueza musical e as nosas tradicións, empregando unha gran colección de máis de 200 instrumentos de Cupeiro, que van...
leer más