Son's Varadero ofrecerá un concerto en Trabada, na Casa da Cultura, o 11 de xuño.

O sábado, 11 de xuño, a asociación músico cultural SON`S VARADERO de Foz ofrecerá un concerto en Trabada. A partir das 21:00 horas na Casa da Cultura os asistentes gozarán deste espectáculo musical no que haberá habaneras, pasodobres, boleros...

Desde o Concello sinalan: “esperámosvos a todas e todos para vivir unha noite de música e baile”.