Mondoñedo suma aos seus atractivos un novo concurso de tapas do 29 de novembro ao 1 de decembro e a campaña comercial de Nadal.

En Mar ao norde, Álvaro Cunqueiro, mindoniense universal escribiu: «Este é o punto exacto», onde se para «cristalina a roda da noite». E así é Mondoñedo, o «puntoexacto» que escribiu Cunqueiro, ese punto no que se xuntan tradición e modernidade, gastronomía e patrimonio histórico, natureza e cultura. O Concello de Mondoñedo, presidido por ElenaCandia, mantén un esforzo continuado por dar a coñecer todo o que ofrece esta pequena e fermosa cidade episcopal. Nese camiño, hai iniciativas que, sen dúbida, resultarán atractivas para os visitantes, cuxo número aumenta ano a ano. Desde o Concello, presidido por ElenaCandia, destácase o traballo que realizan tanto a asociación ACIAM como os hostaleiros de Mondoñedo no desenvolvemento de iniciativas que dan a coñecer á cidade.

Mondoñedo é, sen dúbida, «un ayuntamiento que conjuga en perfecto equilibrio naturaleza y cultura, dando como resultado un destino turístico muy atractivo por su diversidad». Así se describe en Mondoñedo, mil historias que vivir, unha publicación turística editada polo Concello mindoniense. Nela resúmense de maneira moi práctica as suxerencias ao visitante no apartado Que facer. É unha publicación moi útil para quen quere aproveitar o tempo que pasa na cidade e disfrutar de canto pon ao alcance dos que queren coñecela.

Campaña de Nadal
Tanto para os visitantes como para os veciños de Mondoñedo, comprar no comercio local é unha garantía de satisfacción. Ponse en marcha a campaña Nadal 2019, co fin de promocionar o comercio de proximidade. É unha iniciativa que se explica así nos propios carteis anunciadores: «Mercando en Mondoñedo gañamos todos». Quen adquira produtos nos locais asociados a ACIAM poderá gañar un dos 30 vales de 50 euros previstos nesta campaña; recibirá unha rifa e o sorteo será o 11-01-2020.

Concurso de tapas
Para promocionar o turismo e a gastronomía, en Mondoñedo celebrarase os próximos días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro a edición número 13 do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo. Participarán os seguintes establecementos: O Palique, Vinoteca Segundo Centro Socil, A Bodeguiña, A Taberna Galiana, Bodegón A Catedral, O Pasatempo, Viñoteca O Petisco, Amencer, O Rincón de Mondoñedo e O Porriño. 

O prezo da tapa será de dous euros e o horario de tapeo o seguinte. Venres, de 20.30 a 00.00 horas; sábado, de 12.00 a 15.00 e de 20.30 a 00.00 horas; domingo, de 12.00 a 15.00 horas.

A organización do concurso de tapas corre a cargo da asociación ACIAM, coa colaboración do Concello de Mondoñedo. Será unha boa mostra da «gastronomíareconocida» que anuncia a moi útil publicación Mondoñedo, mil historias que vivir. Que é, pouco máis ou menos, o que veu dicir Juan Soto, mestre de xornalistas, nun artigo en ABC, aínda moi recente: «Hay que ir a Mondoñedo no una vez al año sino una vez por estación, al menos. Sobran motivos para echar un día, una semana o la vida entera en la ciudad más bella de Galicia (no cuenta Compostela, que es otra cosa)…».