Na Biblioteca Municipal de Alfoz haberá un obradoiro de procura de información en internet o 23 de novembro.

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de procura de información en internet para facer traballos. É de balde e está dirixido a alumnado de ESO, BAC e FP. Será na Biblioteca Municipal o día 23 de novembro, martes, ás 17:00 horas.

As prazas son limitadas e para anotarse hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) a partir do 8 de novembro.

O Concello de Alfoz explica: “recoméndase traer ordenador ou tablet se se pode, pero de non telos contamos con 3 tablets e 2 ordenadores na biblioteca para usar. Entregarase un dossier con toda a información a cada alumno/a”.