Na XXII Festa da Merluza de Celeiro poránse á venda 2.000 racións preparadas de sete formas distintas. Será o 20 de xullo.

Presentada a XXII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebra o vindeiro sábado, 20 de xullo, a partir das 21 horas na Lonxa Vella de Celeiro. Repartiranse entorno a 2000 racións de merluza fresca do pincho e 7 modalidades diferentes: especial Penalba, a la gallega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada o en Galipizza. Os prezos oscilarán entre os 4 e os 10 euros. 

Esta Festa é posible grazas a: 
Aos 100 voluntari@s que colaboran na organización 
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Puerto de Celeiro S.A. 
Concello de Viveiro
Deputación de Lugo
Abanca
Gadis

Desde a organización animan a acudir a Celeiro este sábado: "achégate a probar a merluza de Celeiro, a mellor do mundo enteiro!".