No Castelo de Castrodouro, en Alfoz, poderase ver durante a Semana Santa e as fins de semana de abril unha exposición sobre o cambio climático.

Durante a Semana Santa e fins de semana do mes de abril, o Castelo do Castrodouro en Alfoz acolle a exposición titulada O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.

Esta mostra sobre o cambio climático é cedida polo CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, e está baseada no proxecto Clarity –Acción Educativa por el Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.

A produción da exposición correu a cargo do CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvementol Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.