O 1 de outubro terá lugar en Xove o XI Encontro de Palilleiras no que participará unha muller de 104 anos.

Este vindeiro sábado, 1 de outubro, Xove acollerá unha edición máis, a XI, do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias.  Tamén haberá 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.

Como acto emotivo e especial esta edición contará coa presenza dunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira bendecida pola deusa fortuna é Isabel García Sierra.  Inda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro.