O 1 de setembro terá lugar un novo concerto solidario da Coral Polifónica de Ribadeo. Será no Teatro.

A Coral Polifónica de Ribadeo celebra un novo concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Será este mércores, día 1 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo.

A entrada solidaria é ao prezo de 5 euros e a venda realizarase o mesmo mércores, en horario de 12:00 a 14:00 horas e dende as 19:30 h.

A Coral Polifónica de Ribadeo quere agradecer a todas as persoas que asistiron ao concerto solidario celebrado o pasado xoves. A limitación de aforo fixo que as entradas non chegaran para todos polo que decidiron facer este novo concerto que terá lugar mañá, 1 de setembro.

O Concello de Ribadeo colabora na organización deste evento.