O 10 de xuño proxectarase en Mondoñedo a película "Dhogs", do director meirense Andrés Goteira. Organiza: asociación cultural O Pasatempo.

A Asociación Cultural O Pasatempo anuncia a presentación e proxección da pelicula "Dhogs", do director meirense Andrés Goteira, que foi galardoada con 13 estatuíñas nos recentes Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Será o domingo, 10 de xuño, ás 20 horas no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo. Posteriormente, haberá un coloquio para saber máis da rodaxe e outras curiosidades coa presenza do citado director Andrés Goteira e co produtor executivo Adrián Folgueira. 

A Asociación O Pasatempo subliña que “é orgullosa mecenas do proxecto, xa que a película saíu adiante grazas ao micro mecenazgo a través de páxina web. Como curiosidade, xa no ano 2014 nas II Xornadas de Curtametraxes realizadas por esta asociación en Mondoñedo, o director estivera presente mostrando curtas súas e explicando o proxecto da película Dhogs".