O 11 de outubro dará comezo en Cervo o ciclo de Música "O son do nordeste", que se prolongará ata finais de ano.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presentou o programa “O son do nordeste” que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.

“O son do nordeste” será un ciclo de música que acollerá concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro. 
 
Este ciclo musical inaugúranse o vindeiro luns, 11 de outubro, co concerto de The Show Bass ás 21:00H na Praza dos Campos de San Ciprián. O grupo compostelán tocará cancións con ritmos rocksteady, rythm & blues e soul xamaicano.

Segundo a Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, “trátase dunha continuación do extenso programa de concertos que vimos celebrando durante todo o verán e que tiveron unha grande acollida. Agardamos que agora, coa mellora da situación derivada da pandemia, podamos celebrar os concertos acollendo a normalidade pouco a pouco, pero sen perderlle o respecto ao virus”. Engade tamén que se trata “de aquí ata final de ano gozaremos dunha oferta musical variada e para os amantes de todos os estilos”.