O 11 de xuño tres cómicos excepcionais ofrecerán unha gala de humor e comedia en Barreiros.

Barreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.

Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia. 

A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.