O 18 de novembro terá lugar o sétimo sorteo de mil euros da campaña da FCAM "1.000 motivos para mercar na Mariña". Será en Lourenzá.

O vindeiro luns, 18 de novembro, terá lugar o sexto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Lourenzá. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 11 ao 17 de novembro no comercio asociado a Acial laurentina entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Lourenzá. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos celébranse os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvólvese en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acial. Esta campaña da FCAM rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.

A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.