O 19 de novembro chega a Burela Mircromina Teatro de Títeres con "43º Latitude Norte".

Mircromina Teatro de Títeres estará este sábado, 19 de novembro, en Burela dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Burela. Será ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura con entrada de balde. Trátase dunha función dirixida ao público familiar. 

43º Latitude Norte é  un espectáculo de títeres en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.

O Camiño está cheo de aventuras incribles e fascinantes personaxes para os que deciden emprendelo. 

Unha viaxe polo Camiño Norte
É un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convértense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin logra o seu lugar, disposto a sentala cabeza, choca de fronte co Propietario, revivindo a historia máis vella do mundo.