O 19 de xullo celebrarase no peirao de San Ciprián a III Festa do Chicharro Lañado a partires das sete e media da tarde. Haberá gastronomía e música.

A III Festa do Chicharro Lañado terá lugar este venres, 19 de xullo, no peirao de San Ciprián, a partir das 19:30 horas.

A cita está organizada pola A.P.A. Coletiñas e A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados dunha representación das dúas asociacións organizadoras.

Repartiranse racións de chicharros lañados, cachelos e pan a un prezo de 5 euros, e haberá música en directo a cargo de DJ Posesion e Jam Session; a tarde estará amenizada polos Misturos.