O 2 de xuño preséntase en Ribadeo o libro José Mª Rodríguez Díaz In Memorian. Na Casa do Mar haberá unha mesa redonda sobre a súa figura.

A AVV O Tesón organiza o próximo sábado, 2 de xuño, a presentación do libro José María Rodríguez Díaz In Memoriam. Terá lugar na Casa do Mar de Ribadeo ás 19:30 horas.

O libro recolle dúas obras de José María Rodríguez Díaz, Semblanza de un guerrillero: Luis María Trigo Chao (El Guardarríos) e Don Secundino Martínez Montenegro (O cura vello de Ribadeo), xunto con textos introdutorios á súa vida e unha relación de artigos dos seus últimos anos.

Na presentación haberá unha mesa redonda sobre a figura de José María Rodríguez Díaz, na que participarán a súa filla, Marta Rodríguez Sampedro; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; o veciño da comisión da residencia de maiores José Antonio Ares Taboada; o presidente de O Tesón, Pancho Campos Dorado; e o presidente de Os Aventados, Pablo Mosquera Mata.