O 21 de abril terá lugar en Mondoñedo unha homenaxe a Isidro Otero García. Está organizada polo Círculo de Recreo.

O Círculo de Recreo de Mondoñedo organiza o 21 de abril un xantar-homenaxe a Isidro Otero García.

O evento celebrarase na finca San Antonio en Mondoñedo a partires das 14:30 horas.

O prezo por persoa é de 40 euros, incluído o agasallo, e o menú será servido por Mesón de Alberto.

A compra de tarxetas para asistir ao xantar pode facerse en La Alianza, O Rincón de Mondoñedo e A Taberna do Valeco. A data límite para a retirada de tarxetas é o 18 de abril.