O 21 de novembro preséntase na Librería Bahía, de Foz, o libro "Tarot Raider Waiter", de Xabier Grandío.

O próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”. 

No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.