O 22 de setembro da comezo en Viveiro a campaña da FCAM que sorteará máis de 10.000 euros en premios nos oito sorteos a celebrar na Mariña.

Este sábado, día 22, arrinca en Viveiro a campaña da Federación de Comercio A Mariña que repartirá máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolverán ata o 10 de novembro. En cada localidade participante poranse en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante. 

A FCAM realizará un total de oito sorteos. Serán en Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá, Xove e O Vicedo. 

Esta campaña para potenciar as compras no comercio tradicional destas vilas dará comezo na cidade do Landro. O primeiro sorteo será este sábado, 22 de setembro, a partir das 20:30 horas na praza Maior vivairense. O seguinte terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos seguirán en Xove o 3 de novembro e rematará o 10 de novembro en O Vicedo. 

As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de compra en cada unha das oito asociacións de comerciantes da Mariña que forman parte da FCAM.

Os sábados dos sorteos durante todo o día e en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas na carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña realizarase o canxe dos tíckets polas papeletas que lle permitirán á clientela do comercio mariñá participar nos devanditos sorteos, que serán presenciais e na mesma carpa. Está previsto que todos dean comezo ás 20:30 horas. 

A FCAM repartirá máis de 10.000 euros premios en menos de dous meses, nunha campaña que está consolidada entre a poboación da comarca e que serve para reactivar as compras no comercio de proximidade durante o outono. Está financiada pola FCAM, pola Xunta de Galicia coas súas liñas de axuda ao comercio e conta coa colaboración da Federación Galega de Comercio.