O 23 de febreiro celebrarase en Barreiros a II Festa do Cocido. As entradas para asistir xa están á venda.

O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.

O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para @s nen@s de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.

As persoas interesadas en asistir a esta festa poden facer as súas reservas nos números de teléfono: 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) ou 609 575 536 (Iria).
No evento colaboran ademais do Concello os restaurante O Asador e La Yenka, Chao dos Navais, Eventec, Eroski e Gadis. 

A II Festa do Cocido foi presentada hoxe polos organizadores, que estiveron acompañados polo alcalde e polo tenente de alcalde, Alfonso Fuente Parga e José Manuel Gómez Puente, respectivamente.