O 23 de xuño no Valadouro haberá sardiñada popular e fogueira. Desde o Concello animan a participar no Folión 2019.

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Folión 2019 na noite do vindeiro domingo, 23 de xuño.

A festa dará comezo ás 21:00 horas e terá lugar no parque Concepción Arenal.

Haberá unha sardiñada popular e dende o Concello convidan a todos a participar, acudindo con todo o que se queira queimar sempre que non contamine.