O 24 de marzo Antía Yáñez presentará en Burela a súa primeira novela "O misterio de Portomarín". Será na Librería Nobel.

A xoven escritora Antía Yáñez Rodríguez presentará a súa primeira novela titulada "O misterio de Portomarín", este venres, 24 de marzo, en Burela.

A presentación terá lugar na Librería Nobel, sita na rúa Castelao 2, ás 19:30 horas.
Antía Yáñez Rodríguez estará acompañada nese acto polo concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, e por Arturo Ponte da Editorial Galaxia, que publica esta obra.

"O misterio de Portomarín" é unha novela de intriga que ven recomendada para maiores de 12 anos. Narra a historia de catro irmáns que van veranear a Portomarín e comezan a investigar un misterio que todos consideraban esquecido, como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.