O 26 de abril haberá unha audición de canto e piano na Escola Municipal de Música de Burela.

O vindeiro martes, 26 de abril, terá lugar unha audición de canto e piano na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Banda ás 18:00 horas. 

Desde a dirección do centro pregan o uso de máscara para asistir a este acto. 

O pasado mes de febreiro xa se celebraron audicións de frauta e de vento metal e a principios do presente mes de abril de clarinete.