O 26 de agosto regresa o tradicional Día da Bici a Lourenzá, que chega á súa vixésimo terceira edición.

Tras dous anos de parón pola pandemia, o 26 de agosto Lourenzá acollerá o XXIII Día da Bici, organizado polas Escolas Deportivas e o Concello laurentino.

A tradicional celebración contará co paseo de 12 quilómetros á Cazolga e a carreira da tartaruga no Cantón. Ao rematar esta última, haberá máis probas e competicións, así como trofeos e agasallos sorpresa.

Comezará as 19:00 horas coa saída ata A Cazolga dende a Praza Conde Santo. É obrigatorio o uso do casco. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ese mesmo día na praza a partir das cinco da tarde.