O 26 de agosto terá lugar en Lourenzá o XIV Campionato de Galicia de milla en ruta e a VI milla popular urbana.

A Federación Galega de Atletismo organizará o sábado 26 de agosto en Lourenzá os campionatos Xunta de Galicia de milla en ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster e os de un quilómetro en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.

A inscrición popular pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.

Este evento deportivo conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do club Escolas Deportivas Lourenzá.