O 26 de febreiro ábrese o prazo de inscrición nos bailes de salón que organiza o Concello de Burela. As clases comezan o 6 de marzo.

O vindeiro luns, día 26, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de baile de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Patricia Otero explica que “todas as persoas interesadas en participar poden achegarse ata a Casa do Concello para anotarse, dado que a inscrición será presencial”. As prazas son limitadas. 

A actividade dará comezo o 6 de marzo e rematará o 26 de xuño. O martes é o día elixido para o desenvolvemento desta actividade. As quendas serán as seguintes: de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas.

O baile de salón impartirase na Casa da Cultura. 

As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.