O 3 de febreiro terá lugar en Barreiros a 1ª Cea Baile de Entroido. Está organizada polo CF Celta e polas comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas.

O vindeiro sábado, 3 de febreiro, terá lugar en Barreiros a 1ª Cea Baile de Entroido, que organizan o CF Celta e as comparsas Habelas Hainas e Os Macanudos. Con eles colabora o Concello barreirense. 

A cea dará comezo ás 22:00 horas e celebrarase no polideportivo de San Cosme de Barreiros. O menú constará de sopa de cocido, cocido con morro, rabo, orella, lacón, botelo, costela salgada, carne fresca, patacas, garavanzos, chourizo e repolo. Ademais completarase con postre, viño tinto, auga e refresco, café e chupito. Será servida polo catering Chao dos Navais, e o prezo por persoa é de 20 euros.

Esta Cea Baile de Entroido estará amenizada por Discoteca móbil Eventec. Os asistentes poden ir disfrazados si o desexan. 

As persoas interesadas en participar nesta cea poden facer as súas reservas nos números de teléfono 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) e 609 575 536 (Iria).