O 3 de xaneiro haberá pola tarde dobre función de teatro en Xove a cargo do grupo de Aspanane, de Viveiro.

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, mañá venres, 3 de xaneiro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, haberá unha función dobre de teatro a cargo dos membros de Aspanane de Viveiro. 

O grupo de teatro de Aspanane vai representar dúas obras: Cegos e o elefante e O pícaro de Viveiro.Esta última xa figurou no programa do Nadal do pasado ano, pero foi cancelada debido á enfermidade dalgún dos seus compoñentes. Pois ben, este ano teremos dobre disfrute con este fantástico grupo.

Lóxicamente, desde o Concello invitan a todas as persoas da Mariña a que asistan a esta dobre e estupenda función de teatro en Xove.