O 30 de abril terá lugar en Barreiros o Mercadiño de Primavera. Haberá 20 postos con produtos de calidade e proximidade.

Trátase do segundo mercadiño estacional que lle da continuidade ao Mercadiño no Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.

será na Praza do Concello. O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.

Desde a organización indican que “neste mercadiño poderás atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida. Durante estas semanas iremos contándovos quen nos vai acompañar nesta ocasión”.

E engaden que “para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento: ás 12:00 actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella, ás 13:00 actuación de The Lioness Treasure Band (versións), degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew e ás 18:00  horas actuación para público infantil, maxia e malabares a cargo de Ian Richard Hamilton. Ademais, volveremos contar co posto de libros solidarios cuxa recaudación será doada á asociación Saúde Mental A Mariña”.