O 31 de maio haberá un acto aberto con Luz Pozo Garza na Escola Oficial de Idiomas. Organiza o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro acolle este xoves, 31 de maio, un acto aberto que contará coa presenza da escritora Luz Pozo Garza. Dará comezo ás 19:00 horas na sede da EOI, rúa Lavandeiras-Celeiro.

O pasado mes de novembro procedeuse ao cambio de nome do centro polo da autora mariñá, atendendo á proposta suscitada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade co obxectivo de corrixir o desequilibrio actual na escolla de nomes femininos e masculinos en edificios, rueiros, fundacións, asociacións ou centros escolares, e entendendo que é de xustiza visbilizar a participación das mulleres na sociedade.