O 4 de agosto haberá teatro en Barreiros. Migallas Teatro porá en escena "Pan de millo: vai ser boa!".

Este venres, 4 de agosto, haberá teatro en Barreiros. O grupo Migallas Teatro representará Pan de millo: vai ser boa!. Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas.

A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.